CÓXEGAS | WebLog da Fac. de CC. da Com. da USC

Junho 18, 2004

Impresión, o meu reino por unha impresión!!!!

     Non, non é que queira que ninguén me dea unha impresión (nin boa nin mala), senón que desexo poder IMPRIMIR nesta facultade tan peculiar que é a compostelá de Xornalismo. Desde que o 'novato' decano Túñez cortase polo san o suministro de folios, poder imprimir converteuse nalgo complicado. A intención do novo decano seguro que é boa (austeridade contra o abuso), pero a estas alturas ou ben traballos de última hora ou ben apuntes baixados de internet requiren ser imprimidos. ¿E como imprimimos cando a fotocopiadora está pechada (que afortunadamente é pouco tempo) e estamos sen folios ou cando o encargado da aula de informática desaparece misteriosamente e non sabemos cando volve? Eu, agora mesmo, quero imprimir e non hai ninguén para poder facelo. Estou sen folios e a fotocopiadora está pechada ata as catro. Desde aquí fago un chamamento porque esta situación se solucione.



_________________________
Ao teu dispor,
webmaster@coxegas.zzn.com
_________________________