CÓXEGAS | WebLog da Fac. de CC. da Com. da USC

Junho 18, 2004

Impresión, o meu reino por unha impresión!!!!

     Non, non é que queira que ninguén me dea unha impresión (nin boa nin mala), senón que desexo poder IMPRIMIR nesta facultade tan peculiar que é a compostelá de Xornalismo. Desde que o 'novato' decano Túñez cortase polo san o suministro de folios, poder imprimir converteuse nalgo complicado. A intención do novo decano seguro que é boa (austeridade contra o abuso), pero a estas alturas ou ben traballos de última hora ou ben apuntes baixados de internet requiren ser imprimidos. ¿E como imprimimos cando a fotocopiadora está pechada (que afortunadamente é pouco tempo) e estamos sen folios ou cando o encargado da aula de informática desaparece misteriosamente e non sabemos cando volve? Eu, agora mesmo, quero imprimir e non hai ninguén para poder facelo. Estou sen folios e a fotocopiadora está pechada ata as catro. Desde aquí fago un chamamento porque esta situación se solucione.



_________________________
Ao teu dispor,
webmaster@coxegas.zzn.com
_________________________

Junho 11, 2004

Horreur!

     Me ha contado un pajarito que en el examen de Xornalismo Electrónico (Licenciatura en Xornalismo, optativa de tercer curso) la docente y examinadora que responde a las iniciales de M. O. ha puesto en el examen alguna cuestioncita que no se había explicado en clase ni tampoco en fotocopias. Una de estas preguntas en cuestión era "¿qué son las lexias?" Tras haber visto las caras de espanto del alumnado antes, durante y después del examen, yo les pongo un parrafito dónde se les dice lo que son las lexias:

"La primera noción qué examina Rosenberg es la de la "no- linealidad". Según George Landow y Bolter esta no linealidad en el hipertexto se caracteriza por el acceso no secuencial a unidades discursivas llamadas lexias, esto es la posibilidad de los lectores de saltar a través de eslabones de lexia a lexia, liberados en cierto grado de la perfomatividad del autor. Sin embargo, Rosenberg demuestra que estas características en realidad no se alejan de la concepción logocéntrica de tiempo y espacio regulado, propia de la geometría; es decir, el hipertexto no es indiferente a la dirección del flujo de tiempo propia del cálculo y otras geometrías. Para Rosenberg la expresión "no-lineal" usada en la teoría hipertextual no corresponde al sentido que se da a este termino en la teoría del caos"

     ¡Ay, qué sería de Xornalismo sin sus entrañables profes...!


_________________________
Ao teu dispor,
webmaster@coxegas.zzn.com
_________________________

Junho 09, 2004

Terceiro dia de exames

     Hoxe, 9 de xuño, é o terceiro día que a USC está de exames. Pero iso non é o máis importante. O máis importante é: como están os ánimos? Se estades tens@s, concentrádevos nesta imaxe:



_________________________
Ao teu dispor,
webmaster@coxegas.zzn.com
_________________________

Selectividade 2004

     Tod@s @s universitari@s padecemos algunha vez ese tormento que é a proba do selectivo, a SELECTIVIDADE, un monstro case para todos os aspirantes a universitari@s (si, tamén os alevíns de xornalistas).



     A SELECTIVIDADE 2004 xa comezou en España, aínda que @s galeguiñ@s non terán que padecela ata xa chegado o día 16 (mércores, se non me falla a memoria, que unha xa comeza a padecer as secuelas alzheimerianas prematuras e pos-Pousianas). Destas o número de sufridoras/es galeg@s descende a un montante de 9.859, vamos, un 4,51% menos que o ano pasado.

     Podería porme agora a falar dos porqués do descenso e tal, pero, como xa dixo Fraga, iso sería tan inútil como "meter a un hombre y una mujer en la cama y decirles lo que tienen que hacer". Bueno, pero non nos desviemos: o tema é A SELECTIVIDADE. O único que se me ocorre é darlles ánimos a toda esa xentiña que o está pasando mal estes días: ¡NON É PARA TANTOOOO!.



_________________________
Ao teu dispor,
webmaster@coxegas.zzn.com
_________________________

Junho 08, 2004

Comeza a nova era CÓXEGAS

Comeza a nova era CÓXEGAS coa dúbida de sabermos canto durará. Pois ben, dure o que dure, dependerá de ti :)


Comienza la nueva era CÓXEGAS con la duda de saber cuándo durará. Pues bien, dure lo que dure, dependerá de ti :)

_________________________
Ao teu dispor,
webmaster@coxegas.zzn.com
_________________________